7/6/09

ANAMORFOSES e ILUSIÓNS: ¿COMO SE MIRA?


































HOLBEIN, Retrato dos Embaixadores (1533)

Nesta obra vemos unha forma que semella abstracta, tratase dunha anamorfose, é dicir unha imaxe deliberadamente distorsionada ata o punto de non ser case recoñecible. Para captar a forma é preciso situarse en determinado punto de vista coma neste caso (separarse da obra e mirar desde a dereita) ou vela proxectada nun espello cilíndrico.
Este modo de empregar a perspectiva xa fora descrito por Leonardo de Vinci e seguramente non tiña máis sentido que amosar a pericia e o talento do autor.

Así é como hai que mirar e este é o resultado, a forma que obtemos: unha caveira. Pensa a razón de Holbein para incluír esta imaxe nun entorno rico, culto e elegante.

















A outra forma de realizar as anamorfoses sería como ves á esquerda. Fíxate como é un recurso empregado para o deseño actual ("tazas anamórficas" de Ross McBride)















Bernard Brass traballa con esta técnica toda unha serie de retratos anamórficos, por exemplo este de Dalí ....


...agora fíxate na instalación necesaria para conseguir a namorfose

A anamorfose é moi utilizada polos artistas da rúa (recorda que temos unha serie de imaxes con este tema en INICIO) e tamén a publicidade se serve en ocasións deste sorprendente xogo. Mira este spot de HONDA




¿Curioso, verdade?. Está servíndose de ilusións ópticas e de anamorfoses para crear unha "irreal realidade". Agora podes descubrir os trucos empregados




Dos mesmos mecanismos se serve estes outros anuncios de Ray Ban e de Vodafone





No 2002, o estudio Panya Clack Espiral, levou a cabo a integración de 24 imaxes anamórficas mo metro de Toronto proxectadas en zonas angulares. Existe unha única correcta visión, un punto de vista lateral, na que os obxectos se ven ben definidos e semellando flotar no aire.






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir