4/11/10

O GRAVADO

O gravado é unha técnica de impresión consistente en debuxar unha imaxe sobre unha superficie ríxida (madeira, metal), deixando nela unhas marcas sobre as que irá a tinta e que logo permitirá pasar o debuxo desa matriz a outra superficie (tela, papel), pudendo reproducila as veces que se desexe.
Hai distintas clasificiacións do gravado, seguimos a que o clasifica en función da técnica empregada, independentemente do soporte (madeira, pedra, metal, linóleo)

-- gravados en relevo, baleirase o fondo da composición quedando en relevo a parte a tintar. É o que vemos nos tampóns que se empregan nos selos de documentos.

A xilografía (gravado en madeira, como a matriz da esquerda tomada de banebishara.blogspot) e o linogravado (gravado sobre linoleo: abaixo plancha e linogravado de Matisse, tomada da web taller de grabador) son gravados en relevo.


-- gravados en oco, baleirase á inversa pois son os ocos os que van recibir a tinta. A matriz ou plancha pode ser deseñada directamente mediante buril para facer os ocos (talla dulce) ou servíndose de ácidos (augaforte e augatinta).
- Augaforte. Sobre a plancha de metal, habitualmente de cobre, recuberta de verniz, debuxase cunha punta metálica (roma ou case sen afiar) sen chegar a facer surcos na superficie metálica, o que fai posible as correccións. A continuación sumérxese a placa nunha cubeta de ácido mordente rebaixado con augaforte que ataca o metal disolvéndoo nas zonas nas que non hai verniz (a profundiade conséguese sometendo a placa maior tempo ó proceso de corrosión). Pasado o tempo preciso, retirase a placa, límpase o verniz restante cun pano mollado en alcohol, e xa está a matriz lista para ser estampada.
A técnica da augaforte empregase desde o s. XV, se ben en principio se combinada có emprego do buril. Xa no XVII e seguindo a estela de Rembrandt impúxose a fórmula clásica
Unha boa explicación da técnia podes vela nesta páxina do MOMA. Entra nela e elixe a opción segunda, Etching, aínda en inglés podes entender ben o proceso.
Igualmente a Casa Museo de Rembrant explica con contidos multimedia o proceso da augaforte (elixe Collection, logo Cess-pit findings e Graphical Work, no lado dereito ó final pica en animation).




Tres exemplos ben distintos de augafortes: arriba Picasso (Minotauro deitado con muller), á esquerda Durero (Lebre) e á dereita Lucian Freud (Home espido no sofá).

















Unha animación con grabados dos cárceres de Piranesi.


- Augatinta. Sobre a placa de metal exténdese unha capa de polvo de resina, logo quécese a placa polo reverso ata que se dilúa a resina e se volva brillante. Sobre esta resina non vai actuar o ácido. Recóbrense con verniz as partes, non só liñas como na augaforte, que van conservar a resina, e sométese a placa ó ácido que actuará con maior ou menor forza segundo o grosor das resinas, por iso permite máis matices que a augaforte, aínda que a miúdo empréganse as dúas técnicas combinadas.
















Arriba unha augatinta de Braque (Paxaro) e á dereita unha obra de Otto Dix (Avance das tropas baixo o gas), na que emprega augaforte e augatinta.











- Grabada a buril ou talla doce. Trabállase sobre distintos metais: aceiro, cinc ou cobre. Vanse facendo sucos de maior ou menor profundidade ata lograr o deseño que se desexa. Esixe moita precisión.
Á esquerda unha obra de Durero, Melancolía, un gravado en talla doce.






Neste fragmento da película Os fantasmas de Goya, vemos todo o proceso de realización dos gravados, desde a preparación da plancha ata a impresión. Mestura as técnicas de augaforte e augatinta, pois esta permite crear áreas contrastadas de grises e negros, ou o que ven ser o mesmo de zonas iluminadas e escuras.




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir