7/11/10

TAPICES

Os tapices son tecidos coloreados con escenas ou motivos decorativos. Está pensado para ser colgado polo que, en certo sentido, imita á pintura.
Para elaborar un tapiz, o primeiro é deseñar un tema, debuxalo e colorealo como se dun cadro se tratara, un óleo sobre lenzo que e será a base sobre a que traballe o tecedor. Son os cartóns, recorda os realizados por Goya para a Real Fábrica de Tapices (á dereita, O quitasol).
Abaixo vemos a posposición que terían algúns dos tapices de Goya na denominada Casita do Príncipe no Pardo.
















No tear móntase a urdidoira (os fíos dispostos horizontal ou verticalmente) na que se van intercalando por medio de canillas e en varias pasadas os fíos de cores, alternando con pasadas de algodón que configura a trama) para ir dando forma á composición.
O bosquexo ou cartón colócase detrás da urdidoira e sobre ela se vai traballando, como ves na imaxe inferior.


A Real Fábrica de Tapices en Madrid, fundada en 1721 por Filipe V, emprega o tear de alto lizo, no que a urdidoria está disposta verticalmente. O traballo é sumamente laborioso e lento, o que explica o alto custo.
Se ben a técnica do tapiz ven de moi lonxe, acada gran difusión a partir do gótico no s. XIV., conservamos en España unha obra de grande relevancia o Tapiz da Creación da Catedral de Xirona que data de finais do s. XI ou primeiros do s. XI (clica para velo en grande).
Tempo despois, xa no s. XVI, pasou a empregarse tamén na tapicería.

Abaixo, unha imaxe pertencente ó Palacio do Pardo no que vemos as paredes decoradas con tapices.



  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir