4/6/12

Técnicas pictóricas


A principais son:

  • Fresco. Ha de comezarse por preparar o muro para regularizar a superficie, normalmente aplícanse dúas capas, unha primeira de area e cal (en relación 3:1) denominada arriccio, e unha segunda máis fina -revoco ou intonaco- tamén de area e cal, pero neste caso cunha area máis miúda e con maior proporción de cal.
    Ha de pintarse sobre a superficie de revoco húmida, de aí a denominación da técnica, o que esixe rapidez e impide refacer.
    Os pigmentos son de orixe mineral e empréganse diluídos en auga. Por un proceso de carbonatación o muro absorbe os pigmentos que pasan a formar parte del.
    Para pasar o boceto ó muro, realízase unha sinopia que reproduce o boceto a gran escala en silueta de cor vermella. Coa sinopia sobre a capa do primeiro revoco, o arriccio, ían picándose os contornos cun punzón  e espoldrexase cun saqueto de hollín  para deixar como guía marcas das formas no muro. En ocasións tamén podía facerse o debuxo directamente.


    Capela dos Scorvegni. O manto da muller da dereita perdeu a capa de cor e pódese ver a sinopia
     

  • Temple: as cores, de orixe mineral ou orgánica, dilúense en auga con aglutinantes, que podían ser ovo ou goma arábiga. Permite retocar aínda en seco.


  • Óleo: as cores disólvense en aceite de liñaza e resina. Fanse as mesturas na paleta ata acadar a tonalidade desexada.  Permitía un traballo mais lento, porque tarda en secar, facer veladuras con capas superpostas de cor moi diluída, potenciar a luminosidade e intensificar o colorido
    Mira no segundo vídeo o concepto de pintar alla prima e a obtención de veladuras.


Segue o proceso de pintura ó óleo sobre táboa, comezando pola preparación do soporte e incluíndo a aplicación de pan de ouro. Trátase da obra O descendemento, de Roger van der Weyden.




A obra en alta resolución no Museo do Prado en Google Earth







  • Acuarela. Realízase sobre papel diluíndo as cores en auga.




  • Acrílico. Realizase con pinturas acrílicas -que inclúen resinas sintéticas como aglutinante-  diluídas en auga. Mira no vídeo o que son os empastes.







Rematamos cun fragmento da película La joven de la perla, na que vemos a preparación dos materiais pictóricos



  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir