21/9/14

A lectura da imaxe

A imaxe , introducción á lectura da imaxe: punto, liña, composición, luz, color,...
 
Maravillosos documentais da UNED (Universidade a distancia) que nos educan na comprensión da linguaxe das imaxes... Todo esto nos axuda a entender o que se esconde detrás das imaxes e do seu uso e polo tanto nos pode axudar a comprender criticamente o uso que das imaxes fan  os medios de comunicación... 
Máis documentais nesta canle da UNED.




 
 

4/6/12

Técnicas pictóricas


A principais son:

  • Fresco. Ha de comezarse por preparar o muro para regularizar a superficie, normalmente aplícanse dúas capas, unha primeira de area e cal (en relación 3:1) denominada arriccio, e unha segunda máis fina -revoco ou intonaco- tamén de area e cal, pero neste caso cunha area máis miúda e con maior proporción de cal.
    Ha de pintarse sobre a superficie de revoco húmida, de aí a denominación da técnica, o que esixe rapidez e impide refacer.
    Os pigmentos son de orixe mineral e empréganse diluídos en auga. Por un proceso de carbonatación o muro absorbe os pigmentos que pasan a formar parte del.
    Para pasar o boceto ó muro, realízase unha sinopia que reproduce o boceto a gran escala en silueta de cor vermella. Coa sinopia sobre a capa do primeiro revoco, o arriccio, ían picándose os contornos cun punzón  e espoldrexase cun saqueto de hollín  para deixar como guía marcas das formas no muro. En ocasións tamén podía facerse o debuxo directamente.


    Capela dos Scorvegni. O manto da muller da dereita perdeu a capa de cor e pódese ver a sinopia
     

  • Temple: as cores, de orixe mineral ou orgánica, dilúense en auga con aglutinantes, que podían ser ovo ou goma arábiga. Permite retocar aínda en seco.


  • Óleo: as cores disólvense en aceite de liñaza e resina. Fanse as mesturas na paleta ata acadar a tonalidade desexada.  Permitía un traballo mais lento, porque tarda en secar, facer veladuras con capas superpostas de cor moi diluída, potenciar a luminosidade e intensificar o colorido
    Mira no segundo vídeo o concepto de pintar alla prima e a obtención de veladuras.


Segue o proceso de pintura ó óleo sobre táboa, comezando pola preparación do soporte e incluíndo a aplicación de pan de ouro. Trátase da obra O descendemento, de Roger van der Weyden.




A obra en alta resolución no Museo do Prado en Google Earth







  • Acuarela. Realízase sobre papel diluíndo as cores en auga.




  • Acrílico. Realizase con pinturas acrílicas -que inclúen resinas sintéticas como aglutinante-  diluídas en auga. Mira no vídeo o que son os empastes.







Rematamos cun fragmento da película La joven de la perla, na que vemos a preparación dos materiais pictóricos



6/5/12

SERIGRAFÍA


Sistema de impresión de orixe milenaria que reproduce imaxes de xeito sinxelo.
Etimoloxicamente significa escritura en seda (sericum= seda, grafía = escritura) pois na China obtíñanse as serigrafías filtrando as cores a través dunha trama de seda tensada sobre un bastidor. As partes que non deben filtrar recóbrense con cola para impermeabilizalas.



Hoxe empregase sobre calquera material (papel, cartón, metal, tela, plástico, madeira, cristal, coiro) transferindo a tinta a través dunha malla tensada e limitando o seu pasos noutras parte por medio dun verniz ou dunha emulsión.
O sistema permite reproducir con pouco custo e de xeito ilimitado a imaxe orixinaria.



15/4/12

FROTTAGE e GRATTAGE




O frottage é unha técnica consistente en frotar cun lapis un papel colocado sobre unha superficie con textura de xeito que esta se transmite ó papel.
Á esquerda un frottage de Marx Ernst: O fascinante ciprés.














O grattage consiste en rascar ou resgar os pigmentos da pintura xa seca sobre o lenzo ou táboa.
Á dereita unha obra de Tapiés con grattage: Cruz e terra.

8/4/12

COLLAGE/COLAXE, PAPIER COLLÉ

Técnicas artísticas cuxa denominación derivada do francés coller, que significa pegar.
Consiste en adherir sobre un soporte obxectos de natureza e procedencia diversa, ata compoñer a obra definitiva. Cando o que se adhiren son elementos planos como papel ou teas para definir a forma, prefírese a denominación de papel pegado ou papier collé.
Considerada unha técnica de arte abstracta, sen embargo os elementos empregados son recoñecibles pero ó se ensamblar dun xeito distinto, adquiren unha significación diferente.
O collage foi moi empregado polos vangardistas do século XX, particularmente Picasso (abaixo, Natureza morta con cadeira de reixa, 1912) e Braque.


A continuación un exemplo de papel pegado nunha obra de Braque realizado en 1913, Violín e pipa.



Pero tamén outros artistas se serviron do colaxe como medio de expresión como esta obra de 1983 realizada por Jasper Johns,





7/11/10

GOFRADO


É unha especie de relevo realizado por presión sobre papel ou metal, tamén se denomina relevo en seco. Foi empregada para tapas de libros, selos, lacres (troquelado, brocado).
O seu paso á arte contemporánea iníciase a mediados do s. XX, sendo a foorma máis característica a das estampas sen cor.

Á esquerda, un gofrado de Tápies, á dereita nunha estampa xaponesa.















Podes ver este video coa realización dun sinxelo gofrado




TAPICES

Os tapices son tecidos coloreados con escenas ou motivos decorativos. Está pensado para ser colgado polo que, en certo sentido, imita á pintura.
Para elaborar un tapiz, o primeiro é deseñar un tema, debuxalo e colorealo como se dun cadro se tratara, un óleo sobre lenzo que e será a base sobre a que traballe o tecedor. Son os cartóns, recorda os realizados por Goya para a Real Fábrica de Tapices (á dereita, O quitasol).
Abaixo vemos a posposición que terían algúns dos tapices de Goya na denominada Casita do Príncipe no Pardo.
















No tear móntase a urdidoira (os fíos dispostos horizontal ou verticalmente) na que se van intercalando por medio de canillas e en varias pasadas os fíos de cores, alternando con pasadas de algodón que configura a trama) para ir dando forma á composición.
O bosquexo ou cartón colócase detrás da urdidoira e sobre ela se vai traballando, como ves na imaxe inferior.


A Real Fábrica de Tapices en Madrid, fundada en 1721 por Filipe V, emprega o tear de alto lizo, no que a urdidoria está disposta verticalmente. O traballo é sumamente laborioso e lento, o que explica o alto custo.
Se ben a técnica do tapiz ven de moi lonxe, acada gran difusión a partir do gótico no s. XIV., conservamos en España unha obra de grande relevancia o Tapiz da Creación da Catedral de Xirona que data de finais do s. XI ou primeiros do s. XI (clica para velo en grande).
Tempo despois, xa no s. XVI, pasou a empregarse tamén na tapicería.

Abaixo, unha imaxe pertencente ó Palacio do Pardo no que vemos as paredes decoradas con tapices.



  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP  

Subir